La Coctelera

A estela

"Caminante, no hay camino sino estelas en la mar..."

21 Noviembre 2008

PORNOGRAFÍA INFANTIL NON*

Se calquera de vós que chegáchedes a esta páxina tras facer unha búsqueda con palabras como "angels", "lolitas", "preteens", "girllover", "childlover", "boyboy", "feet boy", "boylover", "fetishboy" ou calquera outra e pretendedes atopar aquí algo semellante a pornografía infantil non estades de sorte repugnantes bechos. Sí, bechos e bestas inmundas iso é o que sodes e non hai en vós pizca de humanidade. Quen housa facer mal aos nenos, seres inocentes e indefensos non é quen de recibir o nome de humano. Sodes repugnantes, noxentos e a fetidez das vosas mentes enfermas é insoportable. Sabede que os vosos macabros actos acabaredes pagándoos, que a xente de ben non ha deixar que saiades coa vosa.

Por iso todos debemos estar alerta e se detectamos algún caso de pornografía ou abusos infantís denuncialos para que os responsables non queden impunes. Os nosos pequenos merecen que estemos atentos e á espreita para tentar que ningún teña que pasar por cousas semellantes a isto:

* Onte foi o DÍA DO NENO pero foime imposible conectarme. Sen embargo de hoxe non podía pasar que escribira este post.

Hai que agradecer a Nacho de la Fuente (La Huella Digital) e a Paco Sánchez (Vagón-Bar) a iniciativa da CAMPAÑA CONTRA A PORNOGRAFÍA INFANTIL. Os seus post do día 20/11/08 son formidables (http://lahuelladigital.blogspot.com/2008/11/pornografa-infantil-no.html y http://blogs.lavozdegalicia.es/pacosanchez/2008/11/20/pornografia-infantil-no/)

ACTUALIZACIÓN:

1.115 BLOGS Y 4.000 PERSONAS EN FACEBOOK BERRARON NON Á PORNOGRAFÍA INFANTIL

servido por a-estela sin comentarios compártelo

24 Octubre 2008

ESTOU EN CONTRA DA PORNOGRAFÍA INFANTIL

Debido á grande polémica que se está xerando en torno á campaña "PORNOGRAFÍA + INFANTIL NON" quero deixar claro o seguinte:

Eu afirmo categoricamente que estou en contra da pornografía infantil na rede e en tódolos ámbitos. Que ninguén me obrigou a apoiar a campaña "PORNOGRAFÍA + INFANTIL NON", que é un apoio que fixen libremente. Un apoio sinceiro.

servido por a-estela sin comentarios compártelo

20 Octubre 2008

PORNOGRAFÍA + INFANTIL NON

Nacho de la Fuente xunto a Paco Sánchez puxeron en marcha unha campaña contra a pornografía infantil á que animo a todo o mundo a que se una. A unión fai a forza.

La Huella Digital.

servido por a-estela 5 comentarios compártelo

16 Octubre 2008

Aqueles "marabillosos" anos

Faláronme deste vídeo sobre os oitenta e ademais de rir un pedazo fíxome recordar cousas da infancia.

Tags: anos 80

servido por a-estela sin comentarios compártelo

24 Septiembre 2008

Unha imaxe vale máis que mil palabras

Non fun quen de resistirme a subir esta foto. É da fotógrafa Martina Mixer,  na Festa do Albariño, e comentábaa hai un tempo Vítor Mejuto no seu blog. Non hai moito que dicir,  a  estampa fala por si mesma. Ás veces as imaxes si valen máis que mil palabras.

 

servido por a-estela 1 comentario compártelo

24 Septiembre 2008

Aumentarlle un cacho

 

 

Como me reventa a xente que aumenta cachos. Refírome ás persoas que ao reproducir conversas que mantiveron con outros engaden cousas que aqueles nunca dixeron para darlle máis interese ao asunto, para que aquilo que lle dixeron pareza máis grave ou simplemente para quedar ben con outro e facerlle a pelota. O caso é aumentarlle un cacho por algunha razón. Pero o peor non é iso senón que non teñen reparo ao aumento nin estando diante unha terceira persoa que sabe que as cousas non foron tal como di.

Este pavoneo de farsantes semellantes é superior a min, revéntanme. Hoxe tocoume sufrir un e isto soe suceder máis a miúdo do que me gustaría (e non estou aumentando cacho ningún).

 

servido por a-estela sin comentarios compártelo

18 Septiembre 2008

Dá que pensar

Onte clausuráronse os Xogos Paralímpicos de Pekín.

Os deportistas españois conseguiron 58 medallas (15 oros, 21 pratas e 22 bronces). Un grande éxito.

Os medios de comunicación non se volcaron neste evento coma si o fixeron, o pasodo mes, nos Xogos Olímpicos nos que España fíxose con 18 metais (5 ouros, 10 pratas e 3 bronces).

Dá que pensar...

 

servido por a-estela 2 comentarios compártelo

17 Septiembre 2008

Educando en boas maneiras?

Unha fermosa tarde de sábado.

Unha rúa peatonal dunha cidade.

Unha familia paseando: o pai, a nai, o avó, a avoa e, por suposto, un neno duns tres anos brincando feliz da man do seu proxenitor.

Todo normal.

Ata que tan marabillosa postal tórnase grotesca.

De repente o pai do pequeno lánzalle con ímpetu un esgarro á cara ante a indiferencia do resto dos adultos.

O cativo tralo susto inicial rompe a chorar a bágoa tendida.

Entón, a avoa aloumíñao e trata de calmalo á vez que reprende, sen moito aquel, ao fillo e interrógao polo feito.

Todo cheo de razón resposta: "Así aprenderá para toda la vida que no se escupe en la calle".

Novamente, silencio que só racha o choro do crío.

Non sei vós co que vos conto pero eu quedei coa boca aberta ante a escena.

Sinceiramente, nunca tal cousa vira.

É esa maneira de educar?

Dá medo pensar que cando un chegue a ser pai poida actuar de xeito semellante.

Éntranme arrepíos.

servido por a-estela sin comentarios compártelo


Fotos

a-estela todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera