La Coctelera

A estela

"Caminante, no hay camino sino estelas en la mar..."

Categoría: Curiosidades

24 Septiembre 2008

Unha imaxe vale máis que mil palabras

Non fun quen de resistirme a subir esta foto. É da fotógrafa Martina Mixer,  na Festa do Albariño, e comentábaa hai un tempo Vítor Mejuto no seu blog. Non hai moito que dicir,  a  estampa fala por si mesma. Ás veces as imaxes si valen máis que mil palabras.

 

servido por a-estela 1 comentario compártelo

15 Marzo 2007

Aprendendo

CAVILANDO



Entrevista de prácticas.
Chega ao lugar acordado.
O entrevistador restrásase.
Espera.
Chega o señor "mi firma puede llegar a valer millones".
Saúdanse.
Sentan.
Solicítalle o currículo.
Bótalle un ollo sen moito interese.
Pídelle que lle pase a silla que ten ao seu carón por riba da mesa.
O sillón de rodas e respaldo di que non lle resulta cómodo.
Queda abraiada pola petición.
Faino.
El colle un papel.
Deseña un planning do tempo da rapaza.
Faille preguntas sobre horarios.
Maragatea.
Chega á conclusión de que ela non ten tempo para realizar as prácticas.
A ela interésalle o traballo.
Está disposta a dedicarlle o seu tempo.
El ponlle data ao papel emborranchado, á súa obra.
Asínao e llo dá de recordo.
"Puede llegar a valer millones", di.
Finaliza a non entrevista de hora e media.
Nin unha soa pregunta sobre a súa experiencia.
Nin unha soa relativa á súa formación.
Nada de nada.
Subrealismo total.
De todo se aprende.
Disto, moito.


servido por a-estela 5 comentarios compártelo


Fotos

a-estela todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera