Aqueles "marabillosos" anos
Faláronme deste vídeo sobre os oitenta e ademais de rir un pedazo fíxome recordar cousas da infancia.
16 Octubre 2008
Faláronme deste vídeo sobre os oitenta e ademais de rir un pedazo fíxome recordar cousas da infancia.
13 Marzo 2007

As mentiras dos mortos
Non contentos con ter unha máquina da verdade para os vivos, Antena 3 pretende crear un novo programa cun instrumento de nova xeración para detectar as mentiras dos mortos. Trátase dun aparello capaz de descubrir o grao de ansiedade ou nerviosismo nas voces. Non se necesita, polo tanto, a presenza do personaxe, senón só unha gravación das súas palabras para realizar esta análise.
Estes programas noxo pretenden escudarse na ciencia en busca da credibilidade que lles permita non ser acusados de frívolos e teñen por obxectivo manter a desproporcionada audiencia coa que contan.
H. Campos, E. Sande| Texto
13 Marzo 2007
Salto á fama
O primeiro en quitarlle o po ao polígrafo foi Julián Lago que a comezos dos anos 90 —época de Las mamachicho e do programa de Gil y Gil— levou a un plató este mecanismo e, baixo o título pouco orixinal de La máquina de la verdad (1993), mostrou en Telecinco as supostas verdades e mentiras do artisteo da época a golpe de «non me conteste agora, fágao despois da publicidade» marcando un fito televisivo e sentando as bases dos polígrafos mediáticos e do telenoxo que estaba por chegar.
Dez anos despois, Leticia Sabater nun programa local, adiantándose ao bum actual, tiña como máquina da verdade un secador decabelocon luces de cores intermitentes. Viría despois, no 2004, La hora de la verdad, en Antena 3, onde Alicia Senovilla daba a oportunidade a parellas anónimas de demostrar a veracidade das súas historias. Este programa, que regresou á grella da cadea o pasado mes de maio da man de José Ángel Ponsoda, emítese a noite dos luns.
Pero isto non é todo. As modas volven e a do uso da máquina da verdade nos espazos televisivos faino con forza e multiplícase. No pasado xullo Antena 3 estreaba o programa En Antena, conducido por Jaime Cantizano, que inclúe unha sección dedicada ao polígrafo e que chegou a rexistrar na súa franxa horaria 1,7 millóns de espectadores (23,3%). Ante isto, Telecinco, uns meses despois, decidiu contraatacar e levar a A tu lado, de Emma García, outra réplica de La máquina de la verdad. Ambos magacines, que comparten horario todas as tardes, fan que famosillos se sometan ao detector e fagan confesións sobre amoríos, embarazos, enganos á parella e ligoteos varios. E, se isto non fose suficiente, Antena 3 ameaza con denunciar a Telecinco por intrusismo e competencia desleal.
H. Campos, E. Sande| Texto
13 Marzo 2007

A súa orixe
Esta máquina naceu da fusión de varios utensilios. No ano 1869, Auguste Chavey e Étienne Jules Marey, crean un cardiograma capaz de medir o ritmo cardíaco e no ano 1902 James Mackenzie inventa outro artefacto capaz de calcular o pulso xugular. Pero non foi ata o 1915 cando o investigador William Moulton Marston, catedrático da Universidade de Harvard, desenvolve o primeiro detector de mentiras, realizando medicións da presión sanguínea. Seis anos despois, en 1921, John A. Larson, un estudante de Medicina da Universidade de California, comeza a chamarlle polígrafo e vánselle engadindo as restantes medicións.
Na actualidade, os expertos traballan en novos e máis avanzados sistemas para dar coa mentira no home, como a medición das diferenzas de temperatura que se producen ao redor dos ollos dunha persoa cando non di a verdade ou a colocación de eléctrodos na cara e no coiro cabeludo para transmitir as ondas cerebrais. Pese a todo, a fiabilidade destas técnicas non chega ao 100%.
O detector de mentiras ten unha ampla traxectoria no mundo do espectáculo. Non só no cine, tamén na televisión onde se presentou e presenta como certo o que para a ciencia non o é con absoluta certeza.
H. Campos, E. Sande| Texto
12 Marzo 2007
A polémica acerca da veracidade do polígrafo cobra forza catorce anos despois de que o primeiro detector chegara ás pantallas españolas cun enorme éxito de público e as privadas abarrotan os seus espazos con estes aparellos nunha loita pola audiencia
A máquina da verdade é ese artefacto ao que tan acostumados nos teñen as películas de Hollywood, dende as policiais e de espionaxe ata as de ciencia ficción como Blade Runner ou, incluso, as cómicas como Los padres de ella na que Robert De Niro conecta ao seu futuro xenro aos cables do detector para saber se mantén relacións sexuais coa súa filla. Ademais, un milleiro de veces temos escoitado ao longo dun interrogatorio cinematográfico iso de «¿estaría disposto a someterse ao polígrafo?». Unha proba á que o cine lle outorga unha eficacia infalible polo que o público soe dar por boa esa información.
A máquina da verdade tamén chamada detector de mentiras ou polígrafo é un aparello capaz de medir e rexistrar de forma continua nun gráfico —rolo de papel térmico ou pantalla de ordenador— moitas variantes e expresións fisiolóxicas que se producen no organismo dun individuo estimulado psicoloxicamente mediante determinadas preguntas. Calcula aspectos como o ritmo cardíaco, a taxa respiratoria, a capacidade da pel para conducir a electricidade, a tensión sanguínea, a produción da suor e un longo etcétera de parámetros. Así, establece a relación existente entre expresións psicolóxicas e reaccións fisiolóxicas. Pero afirmar que un minte ou di a verdade en base a reaccións físicas é arriscado.
Non todos os seres humanos reaccionamos dun mesmo xeito ante os estímulos. É como supoñer que un bebé chora por ter fame ou estar mollado unicamente escoitándoo. O neno chora, e é seguro que será por algunha cousa; pero non podemos saber con exactitude a causa . É un dato que non está incluído na situación.
Para demostrar a fiabilidade dos veredictos deste instrumento a Academia Nacional da Ciencia estadounidense creou no ano 2002 un equipo de investigación. Os resultados obtidos son demoledores e conclúen que: «As probas poligráficas son completamente inválidas como un instrumento diagnóstico para determinar a verdade».
Este equipo investigador chegou á conclusión de que o polígrafo non detecta nin verdades nin mentiras, senón cambios físicos na medida en que nos emocionamos ou inquietamos. Ademais, do estudo tírase que os detectores non teñen suficientes bases científicas, nin teóricas que proben que as súas afirmacións son verídicas.
H. Campos, E. Sande| Texto
Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):