La Coctelera

Categoría: Internacional

2

11S.11D


[Foto: Ian Salas / Efe]

11 de setembro de 1973. Golpe de estado en Chile. Pinochet faise co poder. Foron 17 anos de férrea ditadura militar (1973-1990).

11 de decembro de 2006. Pinochet morre aos 91 anos na cama. En palabras de Benedetti a morte gañoulle á xustiza. Cousas da vida.
Morre o General pero non o odio. Dous netos, un do morto e outro dunha vítima deste, mostran o rancor que aínda latexa na sociedade chilena.


OPINIÓN|CAVILANDO

Demasiados anos de ditadura. Demasiados odios.
Din que o tempo todo o cura. Verémolo...

El abecedario criminal de Pinochet

0

¿PARA NÓS A VIDA E PARA OS INIMIGOS A MORTE?


[Foto:David Furst]

5 de novembro de 2006. Sadam Huseín é condenado a morrer na forca por un tribunal especial de Irak ó ser atopado culpable de “crimes contra a humanidade” pola masacre de 148 chiíes en 1982. Sadam, ó escoitar a sentenza a morrer aforcado e non fusilado como pedira, responde berrando: “Alá e grande”, “viva o pobo”, “para nós a vida, para os inimigos a morte”.
O goberno iraquí, ante posibles disturbios na zona suní, decreta o toque de queda en Bagdad. Os avogados do xenocida ameazaran con que Irak podería converterse “nun inferno” se Huseín era condenado.

SADAM HUSEÍN Á FORCA

30de decembro de 2006. Sadam é aforcado.

OPINIÓN|CAVILANDO

Sadam é un asasino. Non hai volta de folla. Pero...foi a pena de morte unha boa solución? Dubídoo.