
Os blogs causan furor e son todo un fenómeno social que dan moito que falar nos medios de comunicación como por exemplo na prensa escrita (La Voz de Galicia e El País). Entre a inmensa cantidade de blogs que podemos atopar na rede gustaríame determe en dous que están adicados ó xornalismo: La Huella Digital e Porsilasmoscas.Net.
Este blog pertence a Nacho de la Fuente, periodista de La Voz de Galicia, que acaba de recibir o premio ó Mellor Blog en España nos BOBs 2006 (Premios Best of the Blogs) que cada ano outorga o público alemán Deutsche Welle. Trata temas de actualidade. Dos seus numerosos artigos a min gústanme, especialmente, os seguintes: “Culto a la idiotez”, “Llamada a la vida” e “Con el agua al cuello”.
Trátase dun blog adicado, tamén, ó que acontece no mundo e que elabora Daniel Basteiro, estudante de Xornalismo que traballa en 20 Minutos.es. Foi nominado como Mellor Blog Español nos BOBs 2006. Entre os seus artigos destaco dous: “Diez (¿sólo? 10) pecados de los periodistas” e “La profesión del periodista”.


Escribe un comentario