[Foto de Alejo]

O noso satélite, que durante a Guerra Fría, convertérase na principal meta do mundo comunista e o capitalista volta a ser obxecto dunha carreira espacial: a internacional. Trinta e sete anos despois de que Neil Armstrong pousara por primeira vez o pé na Lúa (feito que segue sendo moi cuestionado) os EE.UU. poñen en marcha unha ambiciosa aventura lunar coa que queren estar á cabeza da conquista do Sistema Solar.
Tras coñecer as intencións de China, Rusia, Xapón e a Axencia Espacial Europea de enviar naves tripuladas á Lúa a NASA lánzase á comptencia. A axencia estadounidense informou, onte, da súa intención de instalar unha colonia permanente de astronautas antes do 2024 nalgún dos polos lunares. Alí, pretenden operar como un laboratorio científico ademais de funcionar como campamento para futuras exploracións a Marte (o seu principal obxectivo espacial).
Aínda non se coñece o custo deste proxecto pero a NASA abre as portas a tódolos países que queiran formar parte del; no que xa se mostran interesados Australia, Canadá, Ucraína ou a Axencia Espacial Europea.

Shana Dale, directiva da NASA declarou:

“Esta estratexia permitirá aos países interesados neste proxecto optimizar os seus recursos financeiros e técnicos, contribuíndo así a coordinar o esforzo que nos impulsará nesta nova era do descubrimento e de exploración”.

A noticia en La Voz de Galicia