
Hai uns anos faláronme dun escritor italiano do que nunca tivera noticia algunha. Tratábase de Alessandro Baricco. Prestáronme un dos seus libros: Novecento (1994). Un pequeno monólogo teatral que devorei a toda presa e que, dende aquela, relín varias veces (como a grande maioría da súa obra). Baricco atrapoume ese día e dende aquela son fiel seguidora dos seus escritos: Tierras de cristal (Premio Médicis, 1991), Océano mar (Premio Viareggio, 1993), Seda (long-seller ininterrumpido co que se consolidou como un dos grandes escritores italianos das novas xeracións, 1996), City (1999), Sin sangre (2003), Next sobre la globalización y el mundo que viene (2002) e Homero, Ilíada (2004).
Aquí, quero falar dunha das súas novelas: SIN SANGRE. É o relato crú do fin dunha guerra civil, de calquera guerra fraticida. Non importa onde. O modus operandi é o mesmo en calquera lugar: a barbarie e a matanza duns a outros e doutros a uns ata que non importa nada. Entre irmáns, entre amigos... E a posterior vinganza onde hai que decidir se un quere vivir o resto da vida con ou sen sangue.
Este pequeno fragmento de Sin sangre fai cavilar:
"Por moito que a vida sexa incomprensible, probablemente atravesámola co único desexo de regresar ó inferno que nos creou, ede habitar no mesmo xunto a quen, nunha ocasión, salvounos daquel infernno. [...]. Quen nos salvou nunha ocasión pode despois facelo para sempre. Nun longo inferno idéntico a aquel do que vimos. Pero, de pronto, clemente, e sen sangue."
Michele Serra, La Republica di desta obra:
"Un infalible mecanismo de sedución que culmina nun grandioso final, emocionante e escueto."
Baricco é, tamén, o fundador dunha escola de escritura: Holden que leva o nome do protagonista de El guardián entre el centeno en homenaxe a Salinger e na que hai diversos cursos de escritura presenciais e on-line entre os que se atopa un de xornalismo e de redacción para web.


Caín de milagre na túa páxina e estou a lela con verdadeiro pracer. Acabas de gañar unha leitora asidua.
Corro a compra-lo libro, lera Seda e Homero,la Iliada e gostaronme moito, pero non coñecía este.
Un abrazo
Espero que che guste "Sin sangre". Xa me contarás.
E non sei se tes noticia pero Baricco acaba de sacar un novo libro: «Esta historia» .
Aínda non a lín pero estou desexando facelo.
Dela dín:
«Esta historia no hace sino confirmar el gran gusto y el talento de Baricco.»
RAI
«Traducción de Xavier González Rovira. El siglo XX amanece entre cambios revolucionarios: los primeros automóviles empiezan a rodar, una gran guerra que se aproxima, una Europa convulsa... Y un niño llamado Ultimo que hereda los ideales de su padre campesino, que decide dejarlo todo para convertirse en mecánico de esos aparatos extraños que invaden los caminos del mundo. Ultimo conduce hacia esa meta que lo guiará por el resto de su vida, el automovilismo, y en su andadura se topa con penas, con glorias, con el amor de su vida, con una guerra absurda y con rutas desde las que podrá ver su sueño, el verdadero motivo de su existencia.
Ultimo envejece pensando en lo vivido y en lo que no pudo cumplir, y sabe que forjar su anhelo significaría poner orden al caos de esa carretera llamada vida. Esta historia es la historia de Ultimo... o puede ser la historia de cualquiera: la tuya, la mía. La de todo aquel que decide entregar su vida por un sueño. »
http://www.circulolectores.com/buscador/resultado.aspx
Verdadeiramente ten moi boa pinta.
Moitas grazas pola referecia, hoxe comprei SIN SANGRE, aida non empecei a lelo, cando remate te conto. Dame a sensación que o próxio será ESTA HISTORIA, tes razón ten moi boa pinta.
Un Saludo