Son da opinión de que calquera prohibición é negativa. Ao prohibir incítase a transgredir (hai exemplos de sobra: a lei seca, a ilegalización das drogas...). Rebeldía, inconformismo... ¿quen non sentiu cóxegas no estómago ao crerse libre de toda restrición social ó saltarse as normas?
O Ministerio de Sanidade quere retirar o anuncio da hamburguesa XXL de Burger King alegando que incumpre unha estratexia gubernamental para previr a obesidade.
A Federación de Consumidores en Acción (FACUA) arremete contra Casa Tarradellas porque nun dos seus spots un neno devora unha pizza el só.
Ninguén nega que pizzas e hamburguesas son malas compañeiras á hora de alimentarse; sobre todo se a dieta componse única e exclusivamente delas. Aínda así, a retirada desta publicidade non é a solución. Debemos tomar as nosas propias decisións e non deixar que outros as tomen por nós. Trátase de educar, non de prohibir. Unha educación que debe vir da casa e da escola, que permita coñecer os pros e os contras das nosas decisións. E logo tendo datos obxectivos, que cada un actúe como estime oportuno porque... sarna con gusto non pica.

ANUNCIO BURGER KING

ANUNCIO CASA TARRADELLAS