[Foto:David Furst]

5 de novembro de 2006. Sadam Huseín é condenado a morrer na forca por un tribunal especial de Irak ó ser atopado culpable de “crimes contra a humanidade” pola masacre de 148 chiíes en 1982. Sadam, ó escoitar a sentenza a morrer aforcado e non fusilado como pedira, responde berrando: “Alá e grande”, “viva o pobo”, “para nós a vida, para os inimigos a morte”.
O goberno iraquí, ante posibles disturbios na zona suní, decreta o toque de queda en Bagdad. Os avogados do xenocida ameazaran con que Irak podería converterse “nun inferno” se Huseín era condenado.

SADAM HUSEÍN Á FORCA

30de decembro de 2006. Sadam é aforcado.

OPINIÓN|CAVILANDO

Sadam é un asasino. Non hai volta de folla. Pero...foi a pena de morte unha boa solución? Dubídoo.