La Coctelera

A estela

"Caminante, no hay camino sino estelas en la mar..."

1 Marzo 2007

Menos nenos, mellor atención

Crónica | Cara e cruz da falta de alumnado en Neda

Os responsables do centro infantil Maciñeira tratan de aumentar as matrículas ofertando servizos máis próximos

[Foto: Ovidio Naveira]

O Colexio de Educación Infantil e Primaria Maciñeira, no Concello de Neda, celebra este ano o seu 25 aniversario. Pero hoxe as súas aulas van á baixa. Atrás quedan os tempos nos que arredor de 350 rapaces barullaban polos seus corredores. Na actualidade, tan só 85 nenos de entre tres e doce anos dan vida ao colexio.
María Rosa Piñeiro Grandal, directora do colexio dende hai 22 anos, apunta como posibles causas da baixa taxa de matrículas o descenso da natalidade no concello, e a migración da poboación cara os municipios urbanos limítrofes.
Pero, como non hai mal que por ben non veña, a redución do número de rapaces matriculados permite tamén que a atención sexa máis coidada e personalizada. Dende o momento en que os rapaces entran no Maciñeira pasan a formar parte dunha pequena familia onde todo o mundo os coñece polo seu nome, dende os mestres ata o conserxe, que sempre están pendentes deles. Son os sobreviventes que fan posible que o centro vaia logrando ano a ano manterse como unha referencia para nais e pais do municipio.
Os beneficios desta baixa poboación están claros: os alumnos reciben formación de música e inglés dende os tres anos e en informática dispoñen dun ordenador para cada dous pequenos. Contan tamén cun especialista en audición e linguaxe e outro de atención á diversidade. Todo un luxo de servizos engadidos.

Entorno natural
A isto súmase o incomparable entorno natural no que está situado o inmoble, a carón das fragas do río Belelle. A localización fai do Maciñeira unha alternativa diferente que conta con amplos espazos abertos onde xogan os cativos e respiran aire puro.
Con motivo da celebración do aniversario do seu primeiro cuarto de século, levaranse a cabo diferentes actividades no centro. Estase a preparar unha revista sobre a traxectoria do colexio nos últimos 25 anos. Tamén un espazo destacado da publicación estará dedicado a fotografías históricas, que servirá de recordo para alumnos e profesores.
O día grande das celebracións enmarcarase dentro do festival do Día das Letras Galegas, o 17 de maio, onde os rapaces realizarán diversas representacións teatrais para festexar o acontecemento.
Dos anos de andadura da escola, a directora destaca «a grande profesionalidade e humanidade dos profesores» que por alí pasaron, e di sentirse «moi orgullosa» do labor que se ven realizando para manter o tipo, canto menos, por outro cuarto de século máis.

servido por a-estela 2 comentarios compártelo

2 comentarios · Escribe aquí tu comentario

Marta

Marta dijo

Esta é o pesadela dos colexios da Galicia Rural, cada vez menos nenos.

Sen embargo ten moitos puntos ó seu favor, a calidade da ensinanza se eleva moitísimo, á vez que a ratio alumno-profesor e a comflictividade se reducen espectacularmente.

Hoxe en día este tipo de colexos, CIP o CPI do interior son os máis apreciados nos concursos de traslados dos profesores, que pola conflictividade dos alumnos da cidade prefiren facer media hora en coche e ter un traballo tranquilo e satisfactorio. Así os nenos beneficianse de profesores experimentados, tranquilos e con ganas de innovar.

A chegada destes nenos ó centro de bacharelato é gloriosa, cuns niveis moi bós, mellores ós dos seus compañeiros.

O sei de boa tinta, eu traballo nun CPI do interior.

1 Marzo 2007 | 11:14 PM

a-estela

a-estela dijo

Estou de acordo co que dis. Eu fun a un colexio rural (concretamente ó Maciñeira) e a ensinanza era excepcional ademais do bo ambiente e o excepcional entorno natural que o rodea. Gardo grandes recordos desa época.

2 Marzo 2007 | 11:18 AM

Escribe tu comentario


Fotos

a-estela todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera