La Coctelera

A estela

"Caminante, no hay camino sino estelas en la mar..."

15 Marzo 2007

Aprendendo

CAVILANDO



Entrevista de prácticas.
Chega ao lugar acordado.
O entrevistador restrásase.
Espera.
Chega o señor "mi firma puede llegar a valer millones".
Saúdanse.
Sentan.
Solicítalle o currículo.
Bótalle un ollo sen moito interese.
Pídelle que lle pase a silla que ten ao seu carón por riba da mesa.
O sillón de rodas e respaldo di que non lle resulta cómodo.
Queda abraiada pola petición.
Faino.
El colle un papel.
Deseña un planning do tempo da rapaza.
Faille preguntas sobre horarios.
Maragatea.
Chega á conclusión de que ela non ten tempo para realizar as prácticas.
A ela interésalle o traballo.
Está disposta a dedicarlle o seu tempo.
El ponlle data ao papel emborranchado, á súa obra.
Asínao e llo dá de recordo.
"Puede llegar a valer millones", di.
Finaliza a non entrevista de hora e media.
Nin unha soa pregunta sobre a súa experiencia.
Nin unha soa relativa á súa formación.
Nada de nada.
Subrealismo total.
De todo se aprende.
Disto, moito.


servido por a-estela 5 comentarios compártelo

5 comentarios · Escribe aquí tu comentario

El Niño

El Niño dijo

Espero que tiña moita sorte a rapaza na busqueda do traballo, non é facil.

Saúdos!

15 Marzo 2007 | 12:19 PM

homesdepedraenbarcosdepau

homesdepedraenbarcosdepau dijo

Habera algunha entrevista de traballo que non sexa subrealista? Teño as miñas dubidas se que asi sexa.
Moita sorte.

Apertas

15 Marzo 2007 | 12:26 PM

Marta

Marta dijo

A verdade é que atopa-lo primeiro emprego é cousa complicada, eu estiven mal traballando tres anos antes de atopar algo no meu.

Tal vez pasoulle o mellor que lle poido pasar. Traballar con un figurita de eses debe ser un horror, non se aprenderá gran cousa e seguro que servirá moitos cafés.

Un saúdo

15 Marzo 2007 | 09:39 PM

a-estela

a-estela dijo

Tedes razón. É certo que tódalas entrevsitas de traballo teñen o seu punto de subrealidade. E ás veces un "non" pode ser mellor que un "si". Quen sabe?
A ver se para a próxima a rapaza ten máis sorte. Pero... quen nos di que non a tivo?
O positivo é que aprendeu, e parece ser que moito.

Grazas a todos.

16 Marzo 2007 | 04:12 PM

vanalejo

vanalejo dijo

Muy buenas, aquí lo que pasa es que hay miedo, temor. Bueno es una forma de decirlo.

A veces, los trabajos son como un gueto muy cerrado en el que desconfían de la gente nueva y son muy reticentes a los cambios, a las nuevas ideas y a que la gente joven se incorpore a ellos.

Pero hay que seguir intentándolo. No en todos los sitios sucede lo mismo.

Un saludo.

18 Marzo 2007 | 07:39 PM

Escribe tu comentario


Fotos

a-estela todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera