Aprendizaxe, soños, viaxes, ilusións, mil e unha aventuras...

Todo isto e moito máis atópase nos libros.

Tamén AMOR.

AMOR POLOS LIBROS:

Un AMOR que se aprende de moi cativo. Case sempre vendo aos pais moi quedos, cos ollos moi fixos sobre un libro e na cara moita emoción.

Un AMOR que pouco a pouco aniña no teu pequeno corazón e apodérase de ti: aqueles primeiros contos con letras enormes e cheos de cor, os barcos de vapor, os pequenos vampiros, os alfaguara...

E andando no tempo Kafka, Delibes, Buero Vallejo, Ecco, Reverte, Baricco e tantisimos outros...

LIBROS