Reportaxe | A tortura da esquizofrenia
Cando o infierno está na propia mente
Máis de 52 millóns de persoas en todo o mundo sofren este transtorno mental, 400.000 en España e 30.000 en Galicia, que afecta ao 1% do todal da poboación

Os ollos de Berta están perdidos. Non importa que estea soa ou acompañada, en actividade ou respousando. Os seus ollos están baleiros, idos. É o seu cumpreanos: 41 primaveras. Está contenta e nerviosa. Acaba de colgar o móvil e xa está marcando un novo número con furicción. Realiza un mínimo de dez chamadas diarias; aos seus irmáns, aos seus pais.... A súa afección ao teléfono levouna, gai anos, a ter unha débeda de 500.000 pesetas con Telefónica. Agora fala coa súa sobriña, Marta, que tamén está de aniversario e á que lle saca 15 anos exactos. Dúas tauros. Grandes cabezotas segundo a tradición popular. No caso de Berta, moi certo. «Aquelo que se lle mete na cabeza non hai quen llo quite. Ogallá poidéraselle arrancar o problema do cerebro», di a sobriña. Cando a Berta se lle menta a súa enfermidade arquéanselle os beizos cara abaixo e molesta solta: «¿Esquizofrenia? eu non son esquizofrénica. Só estou dos nervios. Preguntádelle a Nuñez». O doutor Antonio Núñez Pérez é o xefe da sección de psiquiatría do Hospital Novoa Santos de Ferrol e leva a esquizofrenia de Berta dende fai máis de 15 anos. Pero ela négase rotundamente a recoñecer a súa enfermidade.
Ao igual que Berta máis de 52 millóns de persoas en todo o mundo sofren esquizofrenia, 400.000 en España e 30.000 en Galicia. Trátase dun transtorno mental severo, evolutivo e incapacitante que afecta ao 1% da poboación total e ao 84% dos enfermos mentais. O nome desta enfermidade procede das palabras gregas skizo e frenos que sifnifican disociar a razón. Con 23 anos, tres menos dos que ten Marta, Berta xa tiña «a súa razón separada» —aparece en idades tempranas—, diagnosticáronlle a enfermidade, estaba fatal e ingresou nun centro psiquiátrico durante tres meses. Ela todavía non perdoou este encerro á súa familia. «Metíchedesme á forza. Ese non era o meu sitio», bótalles en cara. Dende aquel primeiro ingreso viñeron moitos outros e todos precedidos por unha forte crise tras a cal acentuouse o seu nivel de deterioro esquizofrénico. Ás veces, pero non sempre, ela mesma sente que vai sufrir un período de recaída e pídelle ao seu médico que a ingrese porque «oio moitas voces que non me deixan en paz».
Tivo un intento de suicidio pero antes de que as pastillas chegaran a facer efecto agarrou o teléfono e chamou a unha ambulancia. No hospital realizáronlle un lavado de estómago. «Non era eu. Só quería durmir, estar tranquila e as voces non me deixaban», conta. Pese a todo, depresións, alucinacións, voces que só ela escoita..., intenta levar unha vida normal. Vive con Mario, a súa actual parella, que sufre tamén unha enfermidade nerviosa, pero non esquizofrenia. Na familia de Berta uns ven en Mario un grande apoio para ela e outros non están dacordo con que compartan as súas vidas. Sen embargo, el suponlle unha grande axuda. É el quen se ocupa de poñer certo orde na súa vida: controlar o teléfono, facer algo de limpeza, conseguir que saia da casa...
Berta toma seis pastillas ao día: antipsicóticos, antidepresivos, ansiolíticos, tranquilizantes, estabilizadores do humor... O resto da súa vida estará condenada a depender dos fármacos para «lograr ir funcionando». Cando deixa a medicación sumérxese no caos. Todo desbarátase: a súa casa, o seu corpo e o seu cerebro. Deixa de limpar, na cociña acumúlanse os cacharros sucios, a basura desborda, a roupa amontónase, o cinceiro abarrótase de colillas e respírase un aire quente e viciado mezclado con nicotina resesa. Non se asea, non fai nada. Só come compulsivamente, sumérxese na cama ou no sofá e vexeta ausente ao que acontece ao seu redor ensimismada no seu mundo interior, sen moverse e déixase engordar. Pode pasar así semanas, incluso meses.
A felicidade que lle producía que hoxe fora o seu cumpreanos esfumouse. Agora está desgustada. Ao largo da tarde xa chamou máis de catro veces a casa dun dos seus cinco irmáns, José, e ninguén lle colle o teléfono. Inténtao co móvil sen resultado. «Estarán ocupados», lamenta. Isto sucédelle a miúdo. Algunha xente sempre está moi ocupada para ela. Fuxen dela e sábeo pero intenta negalo. A súa mirada segue ausente, pero quizais un pouco máis ca antes, e moi convencida di: «¿Sabes? Eu non estou tola. Ademais, a xente está case toda de psiquiatra».
Ao mellor non lle falta razón.

homesdepedraenbarcosdepau dijo
Onde esta a raia que divide a lucidez da tolemia? e quen se pode erexir en xuiz do que esta ben ou mal?
Creo que todos estamos algo tolos dependendo do momento.
Apertas e benvida de novo
26 Mayo 2008 | 01:00 AM