Unha empresa calquera cuns douscentos empregados despide a unha cantidade importante deles (por falta de traballo ou por calquera motivo, pero iso sería outra historia...). Os traballadores que continúan en plantilla, arengados polo comité de empresa, deciden non facer horas extras como medida de protesta polos despidos e de apoio aos seus compañeiros. Pasados uns días un deses “representantes dos traballadores” envía a alguén a falar co xefe para que o traslade a outro centro de traballo onde poder facer horas extras porque “polas súas circunstancias persoais precísao”. Donde dije digo, digo Diego. Vaia sindicalismo do carallo!
Esta historia é real, calquera parecido coa realidade non é pura coincidencia. Foiche así, tal e como o conto. Típica actuación de Julián, o sindicalista de Camera Café. Mágoa que o desta historia pertenza á vida real.