Unha fermosa tarde de sábado.

Unha rúa peatonal dunha cidade.

Unha familia paseando: o pai, a nai, o avó, a avoa e, por suposto, un neno duns tres anos brincando feliz da man do seu proxenitor.

Todo normal.

Ata que tan marabillosa postal tórnase grotesca.

De repente o pai do pequeno lánzalle con ímpetu un esgarro á cara ante a indiferencia do resto dos adultos.

O cativo tralo susto inicial rompe a chorar a bágoa tendida.

Entón, a avoa aloumíñao e trata de calmalo á vez que reprende, sen moito aquel, ao fillo e interrógao polo feito.

Todo cheo de razón resposta: "Así aprenderá para toda la vida que no se escupe en la calle".

Novamente, silencio que só racha o choro do crío.

Non sei vós co que vos conto pero eu quedei coa boca aberta ante a escena.

Sinceiramente, nunca tal cousa vira.

É esa maneira de educar?

Dá medo pensar que cando un chegue a ser pai poida actuar de xeito semellante.

Éntranme arrepíos.